Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

'Constantes Vitais', o mellor humor da 'factoría Cangas'

Casilda Alfaro é a directora da obra 'Constantes vitais', que se interpretou a noite do luns 4 de xullo no Auditorio de Cangas. Trátase dun espectáculo cómico creado a partir dos textos de María Armesto, Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e Xosé Prieto. Os actores desta fermosa obra son integrantes da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas. Enriba do escenario puidemos ver a Anabel Budiño, Rosa E: Gantes, María Ferro, Iago Costas, Mar Taboada, Iria de Pazos Bugarín, Ángeles Menduiña, Bárbara Barcia, Dai Peña, Sócrates Perez, Dani Comesaña e Sonia Couto.

Andrés Lima: "Os galegos teñen unhas condicións marabillosas para a interpretación"

A presenza de Andrés Lima na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas é sempre motivo de orgullo. Por segundo ano consecutivo, este prolífico actor, autor e director teatral aceptou a invitación da MITCFC para impartir un taller de interpretación actoral, baixo o lema ‘Interpretar con la cualidad’. Leva máis dunha década facéndoo por varias cidades e a xente do mundo do teatro xa coñece o gran valor das súas ensinazas.

Os nenos bailan na rúa-REVOLTALLO EN PEDRA

Os artistas que actuaron o luns pola tarde en Cangas non tiñan anos de oficio ás súas costas, pero si un saber facer e un talento innegables. O Palco das Naves de Ojea, en Cangas, foi o escenario da actuación da Escola de Baile Chachachá, co espectáculo "@s Nen@s bailan na rúa"; da Escola de Danza Inés Núñez, con "Aqueles marabillosos debuxos dos 80", e da escola BOOMBOX danza urbana, que interpretaron "Boombox Family". Unha tarde para o desfrute de grandes e pequenos. Unha tarde cargada de talento e ilusión. O futuro xa é seu.

Danza na rúa para todos os públicos-REVOLTALLO EN PEDRA

Foi unha marabillosa noite de verán en Cangas. Ás 21 horas do luns 4 de xullo comezaba no Adro da Igrexa un dos espectáculos no que os protagonistas eran ‘os da casa’. Un espectáculo para nenos e maiores dentro do programa ‘Revoltallo en Pedra’.

'A lingua na boca', un espectáculo sobre Castelao e a lingua galega

A 'Lingua na boca' é unha homenaxe a Castelao e á lingua galega. Un espectáculo no que converxen as súas letras riscos e pensamentos. Unha obra cómica, poética e musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 'A Lingua na Boca' é un proxecto deseñado para a Deputación de Pontevedra con motivo da celebración do Ano Castelao. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua. Dicía Castelao: "Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua".