Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio. Comprar en liña >>
A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:
Entradas para 8 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio.
Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 8 entradas.
Están incluidos no abono os seguintes espectáculos:
ENTREGA EN MAN de Contraproducións (25 de xuño).
EL LIBRO DEL BUEN AMOR de Guirigai (29 de xuño).
EL AVARO de Atalaya (30 de xuño).
MALDITAS PLUMAS de Sol Picó (1 de xullo).
TOLO de Cinema Sticado + Tiyatro Eksen.(2 de xullo).
IN PETTO de Okidok (6 de xullo).
LOS DÍAS AJENOS de Bob Pop y El Terrat (7 de xullo).
CONTRACCIONES de Produciones Come y Calla (8 de xullo).
Non están incluidos no abono os demais espectáculos programados.
A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os espectáculos incluidos no abono.
Permite elixir as butacas mellor situadas, a persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC.
VENDA ANTICIPADA
Do 12 de xuño ata 15 minutos antes do inicio do espectáculo (sen gastos de xestión). Comprar en liña >>
VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO
Dúas horas antes do comezo da función.
Aviso: Póñense a venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.
PREZOS DAS ENTRADAS
Prezo dos espectáculos programados na SALA – TEATRO DO AUDITORIO: 10€. Agás os espectáculos: Escola de Teatro de Cangas (3 de xullo) e VII Torneo de Dramaturxia (4 de xullo), que teñen un prezo de 5€.
Prezo dos espectáculos programados na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO: 5€. Pequenas Mentiras…de Patricia de Lorenzo, Chévere (1 de xullo). Menú-do Día de #ChamizoBelloVila (7 de xullo).
AADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS SEGUINTES
A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
Non se admiten cambios ou devolucións.
Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
Resérvase o dereito de admisión.
Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOSde xestión pola compra anticipada de localidades.
Colabore coa MITCFC mercando a súa entrada anticipadamente.