Entrega en man: Unha comedia denegrida

'Entrega en man: Unha comedia denegrida¡' é a obra que marcou o comezo das representacións no Auditorio desta 40 edición da Mostra. A obra transorre nun cuarto ruín nun hotel cutre dunha anónima vila americana. Un tipo estraño ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto cruel e humillante, lle cortaron hai 27 anos e que, desde entón, busca teimosamente. Un rapaz negro e a súa moza branca quéreno enganar ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O peculiar recepcionista do hotel entremétese en tan insólita transacción e... Desátase unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumegan temas como o racismo, o machismo ou a xenofobia.

Trátase dunha obra da compañía Contraproducións, unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta estrea absoluta, que é unha coprodución coa MITCF.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.