'Camino del paraíso', de Teatro Guirigai

'Camino del paraíso' é o título da última proposta da compañía estremeña Teatro Guirigai. Fundada en 1979, nestes anos realizou 57 producións e numerosas xiras nacionais e internacionais por 23 países, participando nun centenar de festivais nacionais, europeos e americanos.

Na obra, o frade Panurgo anuncia a súa chegada para cociñar a famosa ‘Caldereta do Peregrino’. Pide esmolas, magras carnes e bo viño a cambio de indulxencias e un sitio privilexiado no paraíso. Chega o médico Monipodio, coas súas coplas satíricas, apócemas salvadoras, instrumentos de cirurxía e múltiples segredos para aliviar males, enderezar ósos e sacar dentes. Únese ao alegre encontro Inés de los Vivos, perfumista, maga na fabricación de aceites, tinturas e cremas de beleza, mestra de seducións. Os nosos charlatáns compiten entre si con burlas e xogos para vender os seus produtos. Durante a representación, Panurgo cociña a súa famosa caldereta que rifará entre o público.

Estas son algunhas fotografías da posta en escea da obra, na Praza do Costal de Cangas. 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.