Maruxa Barrio, muxica leda

O Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas acolle, até o 8 de xullo, a exposición 'Maruxa, muxica leda', unha homenaxe é educadora, difusora da tradición oral, da literatura popular, recompiladora dos nosos contos populares, defensora da lingua, militante política e muller do teatro dende a súa mocidade. Aínda que naceu nunha aldeíña de Agolada, instalouse en Cangas en 1976, desenvolvendo unha intensa actividade no eido cultural e social, continuando o labor político que xa iniciara na clandestinidade durante o franquismo.

Con Henrique Harguindey -pensando en Breixo, fillo de ambos- elabora o material pedagóxico baseado na nosa cultura tradicional Lerias e enredos para os máis pequenos (Galaxia, 1983) e a Antoloxía do conto popular galego publicada por Galaxia en distintas edicións a partir de 1983. En 1982 participa na fundación da Asociación Cívico-Cultural Xiria e posteriormente na Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas.

Aquí van algunhas fotografías da exposición e da homenaxe que amigos e coñecidos lle quixeron render o martes en Cangas.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.