Skip to main content

Se nota, se siente, ¡el beige es incluyente!

5 Xul 2025, 20:00
  • Compañía

    Miss Beige
  • Procedencia

    Madrid
  • Dirección

    tres peces 34
  • Autoría

    miss beige
  • Público

    Familiar
  • Presentación

    2025
  • Duración

    60'

Miss Beige é un proxecto multiforme que nace en resposta á carencia de heroínas femininas non sexualizadas nin cousificadas no imaxinario colectivo. Miss Beige é unha identidade contracanónica, comprometida cunha cotiandade diferente e radicalmente afastada dos novos canons que se impoñen na rede social. Isto empeza polo propio uso monocromo do beige, unha cor aséptica co que critica a obsesión polo retoque, o filtro e os mecanismos de autoengano que nos ofrecen os nosos dispositivos e aplicacións de imaxes.


NÓTASE, SÍNTESE, O BEIGE É INCLUINTE! Para participar nesta performance non se precisa de curriculum nin dun proceso de selección. Só atreverse a ser beige e un martelo no bolso. Insisto que aínda que sexa conveniente vestir de beige, polo valor estético da acción, trátase da súa propia interpretación do concepto. Démonos a oportunidade de descubrir o noso lado máis beige, sexa o que for. Non hai regras nin normas: poderase falar, usar o móbil, comer pebidas, facerse selfies ou marcharse. A única regra é formar parte do grupo o que significa pararse cando Miss Beige detéñase e non separarse mentres forme parte do mesmo. Desta forma pretendo alentar a reflexión sobre o espazo que existe entre o que somos e a imaxe daquilo que se supón que somos como cara á arte sacra na antigüidade. A proposta é como un espello social no que nos facemos preguntas tan eternamente humanas: Quen son?, como os vexo?, quen son eu?, como me ven?

continuacion sinopse: En definitiva, darnos a oportunidade grazas ao beige, unha cor insulsa e desdeñada, de mirar e ser mirado. Unha oda á contemplación e un desafío á valentía e ao xénero. O beige é incluyente pero e ti, atréveste a ser BEIGE?

  • Premio á mellor artista visual por Universdad Nebrija 2024
  • Exposición monográfica en sección oficial Photoespana en museo Cerralbo
  • 2025 Artista convidada á NUITE BLANCHE de Paris en 2025

FaLang translation system by Faboba