A erregueté | Revista Galega de Teatro é unha publicación especializada en artes escénicas con máis de catro décadas de traxectoria. Dende entón, un dos seus obxectivos foi a promoción da dramaturxia contemporánea, incluindo textos teatrais dentro das súas páxinas. Dende o ano 2021, publica os textos en formato libro.
Descubre os novos contidos exclusivos sobre artes escénicas e os últimos libros de dramaturxia contemporánea, na presentación do número 109 da erregueté | Revista Galega de Teatro. Nela, celebraremos o 42º aniversario desta senlleira publicación especializada na escena galega achegándote ás pezas máis actuais a través de lecturas dramatizadas e un coloquio coas persoas asistentes.
Conducen a presentación: Afonso Becerra e Ana Abad de Larriva.