Skip to main content

O último home

27 Xun 2025, 20:00
Sala Exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía

    Ainé
  • Procedencia

    Galicia
  • Dirección

    Borja Fernández
  • Autoría

    Manuel Cortés
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2025
  • Duración

    60'

Ao longo destes anos consolidamos un xeito de facer dentro da industria, que ten moito que ver con saber ben para quen traballamos. Témolo moi claro: da cultura temos dereito a participar todas e todos. Así que nós, que participamos dunha das partes máis interesantes, a da creación, temos a responsabilidade de facer espectáculos pensados para que a xente queira ir velos. E sobre todo, que os desfrute. Producimos espectáculos. Moitos deles, de comedia. Algúns ao grande. Outros son monólogos. E ao mesmo tempo, participamos de proxectos que nos gustan e nos interesan.


O último home é unha comedia teatral a modo de recital poético. E viceversa. Sendo precisos, unha comedia poética. Un artefacto cómico-poético-teatral para un home actor/rapsoda e unha muller DJ/ambientadora sonora, sobre a idea da extinción da especie humana. O último home expón, desde a evidencia, o feito de que unha soa persoa sobreviva ao resto. Sen traumas. Sen alarmas. E con humor, por suposto. Porque non deixa de ser cómico que tendo todo a favor para gozar do mundo, o vaiamos destruír sen reparar en que nós formamos parte del.

  • Manuel Cortés Russ

FaLang translation system by Faboba