Skip to main content

Vento metal

26 Xun 2025, 20:00
Sala Exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía

    Trifásico Teatro
  • Procedencia

    Galicia
  • Dirección

    Natalia Feijoo
  • Autoría

    Fran Godón
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2025
  • Duración

    75'

Trifásico Teatro nace en 2024 pola necesidade de facer e explorar, de contar historias nas que calquera poida recoñecerse dende unha linguaxe propia. Valémonos do humor para poñer no foco aquelas cuestións que nos conforman como individuos e como sociedade . Coa vontade de chegar co teatro a lugares non tan habituais, o espazo escénico preséntase como un campo de xogo no que todo é manipulable e o ruído da sociedade frenética que nos envolve non ten cabida. A compañía está formada por Natalia Feijoo e Álvaro Lourido, coa colaboración de Jéssica Canosa.


Un músico errático en crise creativa atópase, inexorablemente, nunha encrucillada vital. De súpeto unha muller crúzase na súa vida, o que supón unha convulsión enorme na súa existencia. Ela comeza a bater indiscriminadamente nos alicerces da existencia monótona na que el habita –sen ter moi claro cara a onde discorre– e, repentinamente, comeza a manchar de cores vivas, con brocha gorda, o espazo gris no que el afogaba lentamente. A partir dese encontro, configúrase unha estraña relación de interdependencia humana e creativa. Nela pérdense lixeiramente as nocións da realidade e, coma un géiser que acaba de estoupar, comezan a ferver xogos, traumas, recordos do pasado, inquedanzas do futuro, tensións interpersoais e diversas situacións que transitan entre o cómico, o absurdo, o íntimo, o emocional, o delicado ou o grotesco dunha maneira perfectamente engrenada. A soidade pode ter formas infinitas; pode sonar como un piano antigo ou saber como o café frío pola mañá.

  • Elenco: Jéssica Canosa, Álvaro Lourido
  • Dramaturxia: Fran Godón
  • Dirección: Natalia Feijoo
  • Deseño de iluminación e técnica: Javier Quintana
  • Espazo escénico e sonoro: Trifásico Teatro

FaLang translation system by Faboba