Skip to main content

Lubbert

29 Xun 2025, 21:00
Auditorio Municipal
  • Compañía

    Cia. Inda Pereda
  • Procedencia

    Cataluña
  • Dirección

    Inda Pereda
  • Autoría

    Inda Pereda
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2018
  • Duración

    60'

Cia. Inda Pereda é un proxecto artístico que se caracteriza por producir espectáculos de comedia gestual sen texto e de proxección internacional. Inda Pereda é actor, clown, director e formador. Desde 2016 crea e produce os seus propios espectáculos sendo Trapped, Lubbert e A viaxe do heroe a triloxía coa cal virou por teatros e festivais de Estados Unidos, Inglaterra, Austria, Alemaña, Francia, Portugal, Italia e España. É co-director e membro fundador da compañía vasca de humor absurdo Koilara Teatro, e actualmente ademais de virar cos seus espectáculos tamén se dedica a dirixir e impartir cursos.


Antes de que os xardíns do Edén fosen pisados por Adán e Eva, Deus tivo un plan... Coñece a Lubbert Dash, o primeiro bosquexo de ser humano na terra. Lubbert ábrenos as portas do Xardín das Delicias e convida o público a penetrarse nel. A viaxe a través deste xardín será un descubrimento de si mesmo e do seu novo mundo, onde se dará conta das súas fortalezas, debilidades e necesidades; as mesmas que lle levarán a un xogo insaciable para explorar mundos imaxinarios cheos de personaxes grotescos, situacións disparatadas e imaxes surrealistas. Durante a viaxe o público é partícipe dunha revolución de piollos, de sorprendentes ecos nunha cova, do acceso a unha singular festa e dunha máis que curiosa liturxia. E ao final... somos tan diferentes a ese primeiro bosquexo case humano e cheo de defectos?. Cambiamos tanto? LUBBERT é o delirante espectáculo de comedia gestual de Inda Pereda, inspirado no cadro "O Xardín das Delicias" do Bosco.

  • Idea, dirección e interpretación: Inda Pereda
  • Coreógrafa: Laura Obiols
  • Deseño vestiario: Alba Gabarró
  • Deseño luces: Meritxell Pérez
  • Deseño póster: Marc Ávila
  • Fotografía: Justin P. Brown, Josep Tobella
  • Mirada externa: Flavia Bertram, Margherita Franceschi, Mariana Tucci

“Delirio escénico! Un espectáculo cercano y divertidísimo.” TEATRE BARCELONA “Inda Pereda me hizo reír, resoplar, desternillarme y retorcerme en mi asiento.” RED BASTARD “Ingenioso, extravagante, imaginativo, evocador y muy, muy divertido.” A YOUNGER THEATRE “Enloquecido y totalmente asombroso. Maestro en su trabajo!” THEATRE BUBBLE “Un recorrido gestual impresionante! Un artesano y profesional como Pereda supone un soplo de aire fresco, revelador y actual." EN PLATEA


FaLang translation system by Faboba