Skip to main content

Barbados en 2022

28 Xun 2025, 22:00
Auditorio Municipal
  • Compañía

    Teatro Kamikaze
  • Procedencia

    Madrid
  • Dirección

    Pablo Remón
  • Autoría

    Pablo Remón
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2022
  • Duración

    70'

Somos catro amigos aos que, ademais da amizade, une unha longa traxectoria profesional. A apertura en 2016 do Pavón Teatro Kamikaze, Premio Nacional de Teatro 2017, supuxo a cristalización dun proxecto de vida que foi cambiando de forma pero nunca de espírito: buscar e ofrecer a liberdade creativa. Agora tócanos levar a casa ao lombo como orgullosos herdeiros dos cómicos da legua. Teatro Kamikaze, un proxecto nómade, coral, polifónico, libre e aberto sempre a atopar novas complicidades.


Dous actores narran a historia dunha parella. Ás veces, póñense de acordo: fano con humor, con estrañeza, con gozo. Xogan. Outras veces, contradinse, inventan, escurecen, amenten. Ás veces, son a parella; outras, non. Eles son, á súa vez, outra parella. Co seu parte de combate, co seu parte de aventura, co seu parte de amor.

  • Texto e Dirección Pablo Remón
  • Intérpretes Fernanda Orazi e Emilio Tomei
  • Escenografía Monica Boromello
  • Iluminación David Picazo
  • Deseño de Son Sandra Vicente
  • Vestiario Ana López Cobos
  • Axudante de dirección Raquel Alarcón
  • Axudante escenografía María Abad
  • Produción executiva Pablo Ramos
  • Dirección de produción Jordi Buxó e Aitor Tejada
  • Distribución Caterina Muñoz Luceño
  • Para a escritura desta obra, o autor gozou dunha residencia de escritura na Sala Beckett en 2022.
  • Unha produción de Teatro Kamikaze en coprodución con Festival de Outono e a colaboración de Condeduque

FaLang translation system by Faboba