18:00H ENCONTRO PROFESIONAL DAS ASOCIACIÓNS DA DRAMATURXIA ESTATAL
20:00H ASOCIACIONISMO NA DRAMATURXIA
Mesa redonda
O Manual de boas prácticas para o oficio da dramaturxia, elaborado polas asociacións de dramaturxia de Illas Baleares, Cataluña, Valencia, Murcia e Galicia, ten como obxectivos establecer un marco de actuación para os dramaturgos e dramaturgas á hora de exercer a profesión de maneira digna, pór en valor o seu traballo e concienciar a todos os axentes implicados nas artes escénicas da importancia e do valor da dramaturxia nos procesos de creación.
Presentación do Manual de Boas Prácticas na Dramaturxia e das asociacións que o fixeron posible, dos seus obxectivos, do labor que están a desenvolver nos seus territorios respectivos e da colaboración en rede que levan realizando nos tres últimos anos
Presentan:
- ACD - Associació Catalana de Dramatúrgia
- ADIB - Associació de Dramaturgues i Dramaturgs de les Illes Balears
- AVEET - Associació Valenciana d’Escriptores i Escriptors Teatrals
- DREM - Asociación Profesional de Dramaturgos de la Región de Murcia
Modera: Carlos Labraña de DramaturGA - Asociación Galega de Dramaturxia