Esta conferencia de Antonio Turiel está vencellada á estrea absoluta do espectáculo "A beleza faranos libres" de Anómico Teatro pola súa temática que nos convida a repensar como vivimos e entender que o decrecemento é unha oportunidade para o planeta.
Investigador Científico do CSIC no Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona. licenciado en Física e en Matemática e doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid.
O seu traballo de investigación céntrase na física da turbulencia, o clima do océano e a sustentabilidade, en particular dos recursos enerxéticos.
Publicou máis de 100 estudos en revistas científicas internacionais, presentous máis de 300 comunicacións a congresos internacionais, dirixiu 6 teses doutorais e ten unha patente. O seu blog divulgativo, The Oil Crash, con case 17 millóns de páxinas vistas, é unha referencia en temas de sustentabilidade. Publicou, entre outros ensaios, Petrocalipsis, Sin Energía e El futuro de Europa.
Compareceu como experto nos parlamentos autonómicos de Cataluña, Euskadi e La Rioja, no Concello de Valencia, no Congreso de Colombia e no Senado de España.