Skip to main content

Lila Star

28 Xun 2025, 20:00
  • Compañía

    Cía Sin Triz
  • Procedencia

    Galiza
  • Dirección

    Santiago de Composteña
  • Autoría

    Natalia Outeiro e Walter Velázquez
  • Público

    Familiar
  • Presentación

    2018
  • Duración

    45'

Detrás da Cía SinTriz está Beatriz Rubio Mejía; artista multidiciplinar de orixe madrileña. Comezou nas artes escénicas na escola de circo de CARAMPA, Madrid, para máis tarde especializarse en acrobacia de dúo e equilibrio de mans na Escola Nacional de Circo de Kiev, Ucraína. Durante toda a súa carreira artística continuou formándose tanto en circo como en danza ou teatro; así como desenvolvendo outras facetas e aprendizaxes como deseño de iluminación ou escenografía. En 2009 fundou a compañía Vueltos de Rosca xunto con Andrés Vázquez de Prada, e desde 2017 forma parte da Cía iO, como intérprete, produtora e escenógrafa. Ademais de virar con espectáculos propios do seus compañias, tamén participou en diferentes producións doutras compañías, circos e eventos; actuando en países tan diversos como Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Dubai, Marrocos ou Ecuador, ademais de percorrer o territorio nacional.


Lila Star chega á túa cidade cun show cargado de circo, funky e humor. Esta artista obsesiva da cor lila e o brilli-brilli percorre o mundo na súa bici para mostrar en cada praza as súas habilidades como artista, equilibrista e ama da pista! Acrobacias, rola-bóla, elquilibrio de mans e clown únense neste disparatado show, onde algunha invitada inesperada poñerá a proba a paciencia da nosa protagonista.

Idea orixinal: Beatriz Rubio -Dirección: Natalia Outeiro e Walter Velázquez -Intérprete: Beatriz Rubio -Escenografía: Cía.SinTriz e Dani García - Vestiario: Anahí Taraburelli -Vídeo: Malala Ricoy -Fotografía: GF Estudio


FaLang translation system by Faboba