Skip to main content

Cantareiras e pandereteiras de Peis d'hos

Actuación musical
  • Sábado, 28 Xuño, 21:00
    PALCO DA ALAMEDA VELLA
  • Sábado, 28 Xuño, 21:30
    ENTRADA AUDITORIO MUNICIPAL
  • Con

    Peis d'hos
  • Procedencia

    Galicia

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, O Viveiro, o grupo de cantos de taberna e os distintos grupos infantís e adultos da Escola Peis d’hos.

O fin principal desta asociación é formar neste eido á veciñanza desta comarca mariñeira. Esta ensinanza parte da investigación, análise e estudo dos traballos de campo levados a cabo por toda a xeografía galega.

Outro dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto como unha rareza empregada tan só por uns poucos. Sen dúbida, unha clara e arriscada aposta pola cultura do país.

Dirixe a sección de baile tradicional, Miguel Sotelo e a de pandeireta e canto tradicional, Nébeda Piñeiro.


FaLang translation system by Faboba