Latexo

Martes, 02 Xullo 2024 20:30
Praza da Constitución
  • Compañía: Pistacatro produtora de soños · Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Antón Coucheiro
  • Autoría: Pistacatro Productora de Soños/Aitor Garuz
  • Destinado a: Xuvenil
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2024
  • Duración: 60'

A Compañía

PISTACATRO é a compañia e a produtora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribúe as súas propias producións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras case 18 anos desde a súa constitución, no ano 2006, Pistacatro pretende continuar asentándose como a produtora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural, respectando os dereitos dos traballadores e artistas que, dalgún modo, participan no noso proxecto. Queremos ser un catalizador que permita a comunicación con outras persoas e proxectos para xerar cultura en coprodución ou en colaboración manténdonos fieis á nosa complicidade co público.

Sinopse

Dous pallasos enfermos alborotan na rúa, discuten entre eles, rinse das súas cousas, cóidanse mutuamente. Van ao Centro de Autosaúde instalado na praza a facerse o seu chequeo médico e a buscar os seus medicamentos. Pero ese día calquera convertirase nunha sucesión de enredos, tropezos, accidentes, operacións de urxencia e procesos de rehabilitación, que lles conducirá a unha decisión sen retorno. Vale a pena seguir vivindo así? Coa linguaxe do clown, do slapstick, da música, dos malabares e do circo, Latexo constrúe un espectáculo cheo de momentos hilarantes e de tenrura. Un canto á vida e á amizade, unha exaltación da risa e das ganas de vivir, que plantexa a cuestión da morte digna a través da mirada limpa e lúdica dos pallasos. Porque cada latexo do noso corazón é un pulso aos momentos máis difíciles, unha celebración de estar vivos neste intre.

Ficha artística

  • Dirección Artística: Antón Coucheiro
  • Idea Orixinal: Aitor Garuz/Pistacatro
  • Elenco: Aitor Garuz, Jano Costas
  • Escenografía: Jose Perozo
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Música: Nacho Muñoz

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.