Julio César
-
Compañía
Cia do Chapitô -
Procedencia
Lisboa -
Dirección
José C. Garcia y Claudia Nóvoa -
Autoría
colectiva -
Público
Adulto -
Presentación
2024 -
Duración
80'
A Compañía do Chapitô, creada en 1996, valoriza a comedia polo seu poder de cuestionar todos os aspectos da realidade física e social. Crea, desde a súa fundación, espectáculos multidisciplinares asentes no traballo físico do actor nun proceso colectivo e en constante desenvolvemento, que convidan á imaxinación do público, e que se relacionan estreitamente con este. Comunica, esencialmente a través do xesto e da imaxe, quebrando as barreiras lingüísticas e afirmando a súa vocación universal, o que lle permite unha relación moi próxima cos espectadores e que resulta en itinerancia nacional e internacional. Desde a súa formación produciu preto de 40 creacións orixinais, presentadas en Portugal e un pouco por todo o mundo Alemaña, Arxentina, Brasil, Cabo Verde, China, Colombia, Costa Rica, Eslováquia, España, E.U.A., Finlandia, Francia, Irán, Italia, Noruega, Rusia, Suecia e Uruguai. De entre os moitos premios e distincións recibidas, destácanse tres galardóns para “*Édipo” – Premio dos Amigos do Festival Don Quijote 2014 en París; Premio de Mellor Espectáculo atribuído polo público do festival Teatro Agosto 2015 no Fundão; e Premio de Mellor Obra Estranxeira nos Premios Florencio 2016 no Uruguai. De España, viñeron aínda dúas homenaxes: unha para “Electra”, premiada en 2016 como a mellor peza na 30ª Feira Internacional de Teatro e Danza de Huesca; e outra para “Macbeth”, peza distinguida co Premio do Público da XXXI Edición do Festival MITCF de Cangas.
Companhia do Chapitô presenta “JÚLIO CÉSAR”, unha creación teatral baseada en eventos da vida deste personaxe histórico, inmortalizado polos grandes narradores, desde Plutarco a Shakespeare. A 39ª creación colectiva do seu repertorio segue explorando a comedia como linguaxe para reinventar a historia. #Julio César foi un xeneral e estadista romano. Membro do Primeiro Triunvirato, dirixiu os exércitos romanos na conquista da Galia antes de derrotar ao seu rival político, Pompeyo, no contexto da guerra civil. Máis tarde proclamouse ditador perpetuo de Roma, cargo que ocupou pouco tempo, xa que foi asasinado por un grupo de senadores que o consideraron unha ameaza para a República. Inspirado na imaxinación popular das representacións de Roma e a notable figura que foi #Julio César, explorando as inconsistencias históricas e tomándose liberdades no tratamento de feitos documentados - coa falta de rigor que xa caracteriza á Companhia do Chapitô - velaquí a desconsagración doutro monstro histórico: #Julio César. Tratábase dun tirano que merecía morrer ou dun heroe brutalmente asasinado por conspiradores? Que veña o Diaño e elixa. Aquí non hai heroes nin viláns, hai circunstancias e persoas astutas que se buscan a vida. Tamén hai persoas menos astutas que fan o que se lles di. E xente virtuosa que fai o que hai que facer. Arrastramos a todos por igual. Entre a reconstrución histórica, o documental e a parodia, aquí temos outra creación orixinal da Companhia do Chapitô.
Creación colectiva da Companhia do Chapitô
- Dirixida por: José C. García e Cláudia Nóvoa
- Interpretación: Jorge Cruz, Pedro Diogo e Susana Nunes
- Dirección de Produción: Tânia Melo Rodrigues
- Deseño de luces: Bruno Boaro e José C.García
- Deseñador Gráfico: Silvio Rosado
- Comunicación: Cristina Carvalho
- Audiovisuais: Frank Saalfeld
- Distribución: César Arias – MARMÔRE
R de espectáculo recomendado por la Red Nacional de Teatros