As gardiás ou o nó do tecelán
-
Compañía
Teatro de Ningures -
Procedencia
Galicia -
Dirección
Cristina Domínguez -
Autoría
Nasser Djemaï -
Público
Adulto -
Presentación
2024 -
Duración
90'
Dende 1.986, en Teatro de Ningures contamos con máis de trinta espectáculos producidos e distribuídos, tanto de autores clásicos como contemporáneos, sempre cun fondo compromiso social e tratando temas de actualidade.
Tamén impulsamos a creación e formamos parte da organización de eventos como a Mostra de Teatro de Cangas ou a Mostra de Teatro Universitaria da UVigo, ademáis de ter unha intensa actividade pedagóxica tanto na Escola de Teatro de Cangas como na UVigo.
O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas.
Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.
A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas “gardiás” contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.
- Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero, Sonia Rúa
- Tradución: Henrique Harguindey
- Adaptación: Vanesa Sotelo
- Deseño escenografía e vestiario: Carlos Alonso
- Deseño gráfico, fotografía e vídeo: Diego Seixo
- Espazo Sonoro: Héctor Pazos
- Deseño Iluminación: Héctor Pazos, Salvador del Río
- Dirección de produción: Salvador del Río
- Contratación: Lilian Portela, AMARELO Distribución