Skip to main content

Igualdade laboral nas artes escénicas e audiovisuais: eivas e avances

Encontro profesional
  • Mércores, 25 Xuño, 17:30
    SALÓN DE PLENOS CONCELLO DE CANGAS
  • Con

    Asociacións sector escénico e audiovisual
  • Procedencia

    Galicia

En 2015, Mulleres en Acción organizou un encontro titulado U-LAS ACTRICES? Fenda Laboral das Actrices nas Artes Escénicas e no Audiovisual, no que mulleres das directivas de Escena Galega, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Academia Galega do Audiovisual, sindicato estatal, Unión de Actrices e Actores e Mulleres en Acción-MITCFC, intentamos dar resposta ás seguintes preguntas: Porqué a vida laboral dunha actriz é máis curta que a dun actor? Porqué os personaxes femininos reproducen os roles estereotipados de nai, esposa, prostituta e sen entidade propia? Que podemos facer para que as artes escénicas e audiovisuais presenten a mulleres con vida propia e en consonancia co tempo actual?

Aquel encontro serviu para que directivas das entidades galegas participantes traballásemos xuntas, ao longo de catro anos, na elaboración dun estudo sociolóxico con perspectiva de xénero e enquisas con datos desagregados, sobre a vida laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais. Estudo que se presentou en outubro de 2019 no Consello da Cultura Galega e que foi posible grazas ás representantes das entidades citadas que traballamos xuntas e laboriosamente durante tanto tempo.

Dez anos despois, mulleres de asociacións profesionais de ambos sectores, xuntarémonos de volta para intentar dar resposta ás novas preguntas que os tempos inspiran e dar conta do traballo feito, dos avances acadados e do camiño por percorrer.

Participan: 

  • ARANTZA VILLAR e LAURA MÍGUEZ da ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
  • NOELIA FERNÁNDEZ CASTRO e PATRICIA DE LORENZO de ESCENA GALEGA
  • LUMA GÓMEZ da ACADEMIA GALEGA DE TEATRO
  • Representante da ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL
  • Modera: AMANTIA COELLO, Psicóloga e investigadora social

FaLang translation system by Faboba