Helen Keller, a muller marabilla?

Domingo, 30 Xuño 2024 22:00
Auditorio Municipal
  • Compañía: GRUPO CHÉVERE
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Xron
  • Autoría: Chévere
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2024
  • Duración: 80'

  • Obra bilingüe en lingua oral (galego) e lingua de signos LSE. A función conta con servizo de audiodescrición.
  • A compañía dispón de 6 petacas e o sistema é compatible con aplicacións tipo Mobile Connect. Debe solicitarse con antelación a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • Tamén hai material de mediación dispoñible para os intérpretes guías de persoas con xordocegueira que queiran asistir á función. Pode solicitarse directamente en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • Ofrecemos a posibilidade de facer un paseo táctil antes da función. Debe solicitarse con antelación a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

A Compañía

Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 30 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

Chévere conserva un núcleo artístico estable (Miguel de Lira, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo) e mantén unha ampla rede de colaboracións con decenas de profesionais de distintas procedencias xeográficas, xeracionais e creativas.

Sinopse

Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que sabemos, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.

Ficha artística

  • En escena: Patricia de Lorenzo, Chusa Pérez de Vallejo, Ángela Ibáñez
  • Dramaturxia e dirección: Xron Comunicación: Xana García
  • Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
  • Iluminación: Fidel Vázquez
  • Produción executiva: Patricia de Lorenzo
  • Axudantía de dirección: Borja Fernández
  • Gráfica: Tristán Ron
  • Espazo audiovisual: Lucía Estévez
  • Espazo escénico: Nononon.lab
  • Distribución: Cremilo / Carlos M. Carbonell
  • Vestiario: Uxía Vaello
  • Idea orixinal: Chusa Pérez de Vallejo
  • Creación: Chévere
  • Asesoramento e apoio en inclusión: Chusa Pérez de Vallejo
  • Produción, administración: Inés Portela
  • Asesoramento en lingua de signos: Ramón Costoya Lens
  • Adaptación a LSE: Ángela Ibáñez, Chusa Pérez de Vallejo
  • Programador subtítulos: Iñaki Ruiz
  • Prints: Antía Martín
  • Audiodescrición: Nieves García, Susana Longueira
  • Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia.
  • Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika.
  • Agradacementos: Julia Fernández-Nieto, Vida Bajo Fernández, Irene Iñiguez, Cloti Vaello, Tomás Rábanos, Sara Crespo, José Portela, Elena, Sergio e Ainhoa, Magdalena Pérez de Vallejo, Jorge Bandín
  • Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.