"O espírito de Vania", de Machi Salgado [GALERÍA]

"O Espírito de Vania" é unha espectáculo interpretado por Machi Salgado. Unha obra da súa compañía, en coprodución coa Mostra, que afonda na alma humana e deixa unha mensaxe de resistencia: aceptar a vida tal como é e atopar esperanza no esforzo.
Machi Salgado, actor e produtor, formouse no Aula de Teatro da USC e titulouse en interpretación textual na ESAD de Vigo, con formación complementaria en teatro xestual. Seguiu perfeccionándose con mestres como John Strasberg ou Andrés Lima.