Skip to main content

Tchyminigagua e os seus "Sueños encantados" [GALERÍA]

Espectáculo emblemático do teatro colombiano, con técnica acrobática e circense. Estreado en 1990, alcanzou as 3500 funcións desde entón, e segue con vixencia plena en festivais, eventos artísticos e culturais a nivel mundial. Enerxía, colorido, zancos e zancos sobre patíns, música, coreografías... Esta obra da compañía Tchyminigagua trouxo a Cangas imaxes de festa e entroido, a través dunha nena que nos fai soñar con encantamentos fantásticos de alegría, paz e vida.

O elenco do espectáculo estaba formado por Venus Silva, César Grande, Mardelay Silva, Luís Yepes, Carlos Yepes, Javier García, Estiven Páez, Stiven Hincapié e Darwin Valencia.

FaLang translation system by Faboba