Antonio Turiel fala da "A crise da sustentabilidade no Século XXI" [GALERÍA]

Esta conferencia de Antonio Turiel está vencellada á estrea absoluta do espectáculo "A beleza faranos libres" de Anómico Teatro pola súa temática que nos convida a repensar como vivimos e entender que o decrecemento é unha oportunidade para o planeta.
Antonio Turiel é investigador científico do CSIC no Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona, licenciado en Física e en Matemática e doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid.
Publicou máis de 100 estudos en revistas científicas internacionais, presentou máis de 300 comunicacións a congresos internacionais, dirixiu 6 teses doutorais e ten unha patente. O seu blog divulgativo, The Oil Crash, con case 17 millóns de páxinas vistas, é unha referencia en temas de sustentabilidade. Publicou, entre outros ensaios, Petrocalipsis, Sin Energía e El futuro de Europa.