Skip to main content

"A danza das intencións", obradoiro de Roberta Carreri [GALERÍA]

Este obradoiro, dirixido a actrices e actores e organizado en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Artistas Intérpretes, Sociedad de Gestión (AISGE), tivo como obxectivo transmitir a base dunha formación para axudar ás novas xeracións a descubrir a súa presenza escénica e a proporcionar, ás xeracións máis experimentadas, un xeito de liberarse do seu posible automatismo escénico e dos seus propios clixés. 

Roberta Carreri é unha actriz, directora, docente e escritora. Entra no Odin Teatret en 1974 e, desde entón, participou na Escola Internacional de Antropoloxía Teatral (ISTA) e converteuse na protagonista de moitos dos seus espectáculos. Nos oitenta contacta coas técnicas escénicas de Xapón, India, Bali e China e fórmase cos mestres, Katsuko Azuma (bailarina de Nihon Buyo), Natsu Nakajima e Kazuo Ohno (bailaríns de Butoh). Entre 1989 e 2022, organiza e dirixe o Obradoiro Internacional do Odin Week Festival, en Holstebro. 

Dirixiu espectáculos para Odin Teatret; Teatro Regula; Núcleo Criaçao Rosa Antuña (Brasil); Masakini Theatre Company (Malaisia); Nordisk Teaterlaboratorium e Juraj Benko. Presentou a súa autobiografía profesional, Pegadas na neve e a mostra O Camiño de Nora, por todo o mundo.

FaLang translation system by Faboba