'Vento Metal', de Trifásico Teatro [GALERÍA]

Resumo en imaxes da interpretación do xoves pola noite na Sala de Exposición do Auditorio Municipal de Cangas da obra "Vento Metal", da compañía Trifásico Teatro en coprodución coa Mostra de Teatro. Sobre o escenario puidemos ver a Jéssica Canosa e Álvaro Lourido.
A obra comeza coa historia dun músico errático en crise creativa atópase, inexorablemente, nunha encrucillada vital. De súpeto unha muller crúzase na súa vida, o que supón unha convulsión enorme na súa existencia.
