Skip to main content

'Osmose', de Mercedes Peón [GALERÍA]

Onte pola noite reprentouse no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela 'Osmose', a primeira peza híbrida de Mercedes Peón, unha proposta audiovisual, performativa e musical na que se acompaña das artistas Peque Varela e Laura Iturralde

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta artista unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.

A osmose é un fenómeno físico polo que unha materia medra ou muda de densidade ao pasar a través dunha membrana. Facendo metáfora, Mercedes Peón constrúe un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas. As protagonistas son as traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas, persoas que proveñen de microhabitats autosuficientes, onde os corpos pre-xénero vivían en acordos de creación colectiva.

 

FaLang translation system by Faboba