• Inicio
  • A Mostra
  • Novas
  • Os tesouros e as sombras de María Mazás

Os tesouros e as sombras de María Mazás

  • Clara Castilla

O amor pola arte uníu a Nani Miras e María Mazás cando as dúas eran unhas mozas. Ambas artistas coñecéronse no prestixioso Centro Artístico de Sant Lluc, en Barcelona. Ali aprendían, experiementaban e gozaban con retos como o de pintar en só tres minutos, encargo que lles apaixoaba porque esixía moitísima concentración. Nani Miras é unha creadora vinculada ao audiovisual que, hai uns meses, recibía o encargo de elaborar un vídeo para homenaxear a traxectoria profesional da recentemente falecida artista coruñesa. Tiña que condensar en poucos minutos o seu traballo e desvelar a todos aqueles que aínda non o coñecían, a importancia da obra da polifacética María Mazás. 'Os Tesouros e as Sombras de María Mazás' é o froito deste intenso traballo.

Para confeccionar o vídeo, Nani Mirás tivo que facer un gran traballo de arquivo na pescuda da súa voz. Tratábase de realizar unha retrospectiva de María Mazás que nunca se fixera en vida. Mirás sabía que, ademais da súa faceta como pintora e escultora, debia de mostrar ao mundo outras das moitas paixóns de Mazás, como por exemplo o seu xardín, no coidado do que poñía moita adicación e sentimento. No fondo, toda a obra de María Mazás está inmensamente relacionada cun gran amor pola vida e pola natureza. 

'Os Tesouros e as Sombras de María Mazás' permite a quenes a coñeceron volver vela en movemento. Oíla. E permite, a quenes non tiveron o pracer de facelo, descubrir á Mazás pintora, escultora, poeta, deseñadora de sombreiros, artista plástica e bailarina. Un desafío nada sinxelo que Nani Miras conseguíu plasmar nun vídeo de curta duración pero cheo de amor, sensibilidade e profesionalidade. 

Miras destaca da súa amiga e compañeíra o gran dominio que tiña para captar a figura humana e a esencia das cousas. Recoñece que, cando se coñeceron non podía intuír a "magnitude do seu talento". "Pensabas que sabía de pintura coma ti, pero non era certo", afirma.

Ademais deste vídeo feito ex profeso para esta ocasión, Nani Miras xa elaborara un sobre o derradeiro taller que tivo Maria Mazás na época na que viviu en Barcelona

Nani Miras confésase unha absoluta namorada da súa faceta como deseñadora de sombreiros. Lembra que a propia María Mazás dicía que ela facía "esculturas para poñer na cabeza". Pero tamén destaca o seu traballo pictórico."A súa pintura é moi fermosa", explica. María Mazás, ao seu entender, é unha desas persoas que "son arte andando e converten en beleza todo o que tocan". Toda a súa obra fala dela. Das súas paixóns, dos seus sentimentos. Ademais, destaca o traballo de María Mazás como investigadora xa que disfrutaba experimentando con novos materias. Con novas técnicas. E todo iso se pode ver na exposición antolóxica que sobre ela se pode ver na sala de exposicións do Auditorio de Cangas. Veremos Arte en maiúsculas. Veremos humor, paixón, sabiduría e moito talento.  

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.