Skip to main content

Un Mar de Xogos

  • Martes, 30 Xuño, 17:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Compañía

    Bico de Toupa
  • Procedencia

    Galicia
  • Público

    Público Familiar
  • Presentación

    2025
  • Duración

    180'

Bico de Toupa é un colectivo multidisciplinar de creación artesá fundado en Redondela no ano 2017. Con experiencia no eido teatral e nas belas artes, o colectivo desenvolve o seu traballo no deseño e realización de todo tipo de elementos tanto escénicos como artísticos. Unha equipa onde cada artista aporta a súa especialidade que vai dende a talla até a forxa, poñendo todo o seu coñecemento ao servizo de cada proxecto. O colectivo traballa no seu obradoiro de creación mesturando enxeño e artesanía nun intento de propoñer pezas únicas cun sentido estético e que conecten co espectador/a. Ruth Rodríguez é a responsable da dirección do obradoiro así como dos proxectos.


Un Mar de Xogos é unha instalación lúdica de madeira, de carácter artesán e con temática do mar. Un espazo familiar e interxeneracional onde poder brincar, enredar e aprender habilidades a través da imaxinación e a sinxeleza que ten o xogo. Volver conquistar a rúa como lugar participativo e inclusivo, onde todas as persoas conviven e desfrutan xuntas xogando, esquecéndose das pantallas e recuperando a madeira como material que nos conecta coa natureza.

  • A instalación está dinamizada por tres mariñeiros/as: Ruth Rodríguez, Luis Crespo e Luis Borines


FaLang translation system by Faboba