Tartufo
-
Xoves, 04 Xuño, 21:00Auditorio Municipal
-
Compañía
Grupo de Teatro do Campus de Pontevedra (UVIGO) -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Adulto -
Presentación
2026
Nas Aulas de Teatro da UVigo, Teatro de Ningures ofrece unha formación que permite acceder ao alumnado á aprendizaxe das principais disciplinas escénicas: a expresión corporal e vocal, a interpretación, a improvisación, a emoción e a posta en escena.
Completamos esta primeira etapa formativa cunha segunda na que o alumnado traballa, viva e activamente, no proceso creativo da posta en escena dun espectáculo. Un laboratorio teatral que vai dende a elección do texto dramático, lectura e posta en escena ata a estrea e distribución do espectáculo creado. Un intenso traballo que pode ser o berce dunha nova canteira de actrices e actores.
Este achegamento do traballo teatral profesional non está só dirixido ao alumnado universitario senón, tamén, ao persoal administrativo e servizos da universidade e ao conxunto da cidadanía.
Ao longo destes anos, nas Aulas de Teatro crearonse 40 espectáculos, todos eles representados nos campus de todas universidades galegas e do resto de España.
Tartufo é unha das comedias máis representativas de Molière, na que o autor francés desata unha crítica furibunda da hipocrisía da sociedade da súa época. Tartufo, habilmente disfrazado de honradez e virtude, utiliza a aparencia externa da piedade para introducirse nun apracible fogar burgués e gañarse a confianza do beato cabeza de familia Orgón. Baixo a súa máscara virtuosa, Tartufo maquinará para colmar a súa ambición, envolvendo toda a familia nunha trama de enredos e enganos.
- Autor: Jean-Baptiste Poquelín «Molière»
- Tradución: Henrique Harguindey Banet
- Elenco: Carol Rufián García, Celeste Cortés Davila, Fernando Huelin Trill, Fons De Groot Schipper, Francisco Pernas Lorenzo, Jesús A. Gutiérrez Santiago, Joan Manel García, Mabel Fernández Comesaña, Mayka Freire Dapena, Ramón Pastoriza Fariña, Suso Riveiro Bello, Xaime Domínguez Iglesias.
- Vestiario: Sonia Rúa
- Imaxe: Diego Seixo
- Música: Pablo Costas
- Codirección: Omar Ferrín
- Iluminación e Dirección: Salvador Del Río