Skip to main content

Sherezade, Aladino e os tres beduinos

Estrea absoluta
  • Xoves, 25 Xuño, 20:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Venres, 26 Xuño, 20:00
    Cruceiro do Hío
  • Compañía

    Teatro Ghazafelhos, coproduce MITCFC
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Familiar
  • Presentación

    2026
  • Duración

    50'

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro actoral e clown. No 2026 compren 20 anos sobre as taboas, na rúas e prazas facendo teatro galego para todos os públicos. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas. Unha compañía consolidada que nos sorprende con cada nova produción, mesturando xéneros, tratando temas como a violencia, a solidariedade, a diversidade e levándonos a mundos cheos de maxia. No seu repertorio contan con obras como Frankenstein, Nana para un Soldado, Bon Appetit, Irinha Bailariña, Rubicundo ou Ninja. O humor incomparable dos Ghazafelhos fai desta compañía unha das referencias para o público familiar. No próximo verán estrearán a nova produción de teatro de rúa, como celebración dos 20 anos de compañía e gustaríanos que fora na MICTF onde sempre que participaron tiveron unha estupenda acollida


A crueldade do sultán, a intelixencia de Sherezade, a pillería de Aladín, a aventura de Alibabá... todo tornará nun xogo no noso maxín dende o momento no que as personaxes chegan nun carromato procedente das antigas historias de Bagdad. Veñen subidos en zancos e con aspecto de xenios anunciando unha historia máxica da lonxana Persia e precisan da participación activa do público para que xunto cos despistes e a improvisación propia dos Ghazafelhos a posta en escena sexa sorprendente. Collendo como pretexto a historia das mil e unha noites e nun ambiente máxico no que non faltará o incenso, as teas e un contador de historias capaz de transportarnos á antiga Persia, poremos en escena tres dos relatos máis coñecidos deste recopilatorio de contos do medio oriente. Achegaremos ao espectador a unha obra literaria tan importante como é As mil e unha noites provocando unha reflexión: os nenos e nenas medran intelectualmente cando son capaces de argumentar as súas decisións.

  • Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñeiro e Jorge Casas
  • Duración: 50 min
  • Público: familiar a partir de 3 anos

FaLang translation system by Faboba