Pregón 43 MITCFC
-
Mércores, 24 Xuño, 21:00Auditorio Municipal
-
Con
Noemi Rodríguez -
Procedencia
Galiza
Directora de escena, dramaturga, intérprete, pedagoga e asesora de procesos creativos. Premio Ojo Crítico de Teatro 2019 pola súa traxectoria en Teatro En Vilo, Noemi está considerada unha das creadoras máis interesantes do panorama teatral contemporáneo.
Formouse na ESAD de Galicia e posteriormente realizou un Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International School of Performing Arts grazas ao Programa de Bolsas no Estranxeiro da Fundación Barrié de la Maza.
Noemi desenvolveu as distintas facetas do seu traballo en países como Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos, Turquía e India.
Impartiu obradoiros de dramaturxia, storytelling, creación teatral, teatro xestual, creación colectiva e improvisación en institucións públicas e privadas de Francia, Italia, Chipre, Reino Unido, India e España, tanto a profesionais das artes escénicas como a nenos, adultos e colectivos en risco de exclusión social. Foi coordinadora do Club de Lectura do Centro Dramático Nacional (23/24) e profesora especialista da Real Escola Superior de Arte Dramática (24/25). E desde 2019 imparte obradoiros de creación e teatro para a Fundación “la Caixa”.
Como directora de escena e dramaturga traballou en numerosas institucións de prestixio. Entre as súas obras destacan “Blast”, “La Distancia” e “Man Up”, producidas polo Centro Dramático Nacional; “Terceiro Acto”, producida polo Centro Dramático Galego; e as multipremiadas “Interrupted”, “Generación Why” e “Hoy Puede Ser Mi Gran Noche”, producidas por Teatro En Vilo. Tamén dirixiu e escribíu “Malena, llena eres de gracia”, “Locxs de Amor” (Art For Change La Caixa), “Miss Mara, quien se reserva no es artista” (Circo Price) e “Escenarios de Chamberí”, en colaboración co Teatro de la Abadía. En 2022 encárgase do guión e da dirección da gala polo 30 aniversario da Muestra de Autores de Teatro Contemporáneo de España, así como da XXII Gala dos Premios Mestre Mateo.