Perhaps, Perhaps... Quizás

Domingo, 07 Xullo 2024 21:00
Auditorio Municipal
  • Compañía: Chula The Clown
  • Procedencia: México
  • Dirección: mazatlan 5 condesa
  • Autoría: Gabriela Muñoz
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2024
  • Duración: 60'

A Compañía

Gabriela Muñoz ten experiencia en teatro, circo e ópera. Inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo. 
Foi galardoada co Premio á Mellor Actuación e Mellor Espectáculo no Festival Fringe de Nueva Zelanda. Recibíu a medalla ao Mérito Internacional por Promoción Cultural por parte do Congreso da CDMX.
Nominada aos Premios Ciudad de México na categoría Actividade Escénica. 
Colaborou con artistas como a directora de orquestra, Alondra de la Parra, a compositora, cantante e actriz, Natalia Lafourcade e o fotógrafo, Joel Peter Witkin.

Sinopse

"Perhaps, Perhaps... Quizás", é un espectáculo de clown que xoga coa idea da espera, da ilusión por atopar ao home “perfecto” e da soidade a que isto nos leva cando un mesmo é tan imperfecto.
Nunha época na que a presión do tempo e a falta de esperanza nun mesmo son tan inminentes, a nosa protagonista, Greta, ensaia unha vez á semana o gran día, o día da voda. ¿Terá sorte esta noite? Quizais, quizais, quizais...

Ficha artística

  • Creado, dirixido e interpretado por Gabriela Muñoz
  • Deseño de vestiario: Valentina Muñoz
  • Deseño de arte e escenografía: Gabriela Muñoz e Valentina Muñoz 
  • Música Orixinal: Ernesto Paredano
  • Director técnico: Sampo Kurppa
  • Fotografía: Gemma Tweedie
  • Booking: Aurora Nova Berlín

Destaques

  • Mellor show, Nueva Zelanda Fringe Festival 2016.
  • Mellor actriz , Nueva Zelanda Fringe Festival 2016.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.