Skip to main content

Osmose

26 Xun 2025, 22:00
Auditorio Municipal
  • Compañía

    Mercedes Peón
  • Procedencia

    Galicia
  • Dirección

    Mercedes Peón e Peque Varela
  • Autoría

    Mercedes Peón
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2021
  • Duración

    60'

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta artista unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.


OSMOSE é a primeira peza híbrida de Mercedes Peón, unha proposta audiovisual, performativa e musical na que se acompaña das artistas Peque Varela e Laura Iturralde. A osmose é un fenómeno físico polo que unha materia medra ou muda de densidade ao pasar a través dunha membrana. Facendo metáfora, Mercedes Peón constrúe un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas. As protagonistas son as traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas, persoas que proveñen de microhabitats autosuficientes, onde os corpos pre-xénero vivían en acordos de creación colectiva. Osmose é unha mirada ao proceso do cambio de densidade, do desaxuste e do reaxuste consciente, que non abatido, destas formas de vida ás lóxicas impostas do capital; unha homenaxe ás súas resistencias, e tamén unha reflexión sobre a dor de decatarse que estas novas formas suponen un cambio radical no xeito de entender a vida.

  • Mercedes Peón: Idea orixinal, composición musical e interpretación 
  • Peque Varela: Dirección escénica e intervención visual
  • Laura Iturralde: Arquitectura lumínica e artista en escea

FaLang translation system by Faboba