Open door

Xoves, 27 Xuño 2024 20:30 | Venres, 28 Xuño 2024 12:30 | Venres, 28 Xuño 2024 20:30
Vestíbulo Auditorio Municipal | Feirón | Centro Cangas
  • Compañía: Perehosta
  • Procedencia: Cataluña
  • Dirección: Sophie Borwich
  • Autoría: Pere Hosta
  • Destinado a: Familiar
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2016
  • Duración: 35'

A Compañía

A procura do pallaso cotián é o camiño que emprendeu a compañía para explicar a súa particular observación do mundo a partir de xestos e comportamentos humanos. Fronte á incomunicación e a soidade, como signos dos nosos tempos, apostan por descubrirnos o optimismo e o humor escondidos na rutina do aburrimento. DIS_ORDER (2021), OPEN DOOR (2016), POSTAL EXPRESS (2011) en rúa. E en sala N'IMPORTE QUOI (2021 -Leandre Clown), ESCARGOTS (2018 -Slow Olou), PAJARU (2012), OUT! (2008), TAL COMO SON (2005) ... e seguindo facendo humor serio.

Sinopse

Aparece unha porta da nada… que gran oportunidade para abrila!, e saber que hai alén. Pero resulta que do outro lado tamén estamos nós, a nosa vida de cada día,… e tamén un personaxe excéntrico, curioso, surrealista e en momentos enxeñoso… que trae a porta e déixaa aquí e alá coa necesidade de transportala divertíndose. Coa simplicidade da porta, transportaranos a lugares onde o imaxinario entra e sae. Pasen a través da porta para poder vivir de maneira diferente a rúa de cada día e facer o cotián… sorpendente.

Ficha artística

  • Idea e Creación: Pere Hosta
  • Dirección escénica: Sophie Borthwick
  • Axudante de dirección: Helena Escobar
  • Clown: Pere Hosta
  • Escenografía: Pep Aymerich
  • Vestiario: Carme Puidevall i Plantés
  • Deseño gráfico: SopaGraphics
  • Agradecementos: Lu Arroyo Co apoio de: Ajuntament de Xirona – Kreas 2015, Diputació de Xirona
  • Colabora: Festival Claca, Centre Cívic Barri Vell-Mercadal

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.