O espírito de Vania
-
Compañía
Machi Salgado -
Procedencia
Galicia -
Dirección
Carlos Alvarez Ossorio -
Autoría
Carlos Alvarez Ossorio e Machi Salgado a partir do texto de Chejov -
Público
Adulto -
Presentación
2025 -
Duración
75'
Machi Salgado, actor e produtor, formouse no Aula de Teatro da USC e titulouse en interpretación textual na ESAD de Vigo, con formación complementaria en teatro xestual. Seguiu perfeccionándose con mestres como John Strasberg ou Andrés Lima. No audiovisual, participou en máis de 40 series e filmes para Netflix, Prime Video ou HBO (As Bestas, Rapa, Ministerio del Tiempo). No teatro, traballou con compañías como ESCENAte ou o Centro Dramático Galego, recibindo varias nominacións e dous Premios María Casares ao mellor actor protagonista.
Na vella facenda dunha familia galega, a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo. Tío Vania e a súa sobriña Sonia sacrificaron as súas vidas para manter a propiedade do profesor Alexandre, un intelectual presuntuoso agora retirado. A chegada deste coa súa nova esposa, Elena, rompe a fráxil paz da casa. Vania, frustrado polo amor non correspondido por Elena e pola súa vida malgastada, entra en crise, mentres Sonia sofre en silencio polo idealista doutor Astrov, máis preocupado polos bosques ca polas persoas. O equilibrio rompe cando Alexandre anuncia a venda da facenda, ameazando o único refuxio dos seus habitantes. O resentimento e os soños frustrados estalan nunha traxicomedia onde o cómico e o tráxico conviven. O Espírito de Vania afonda na alma humana e deixa unha mensaxe de resistencia: aceptar a vida tal como é e atopar esperanza no esforzo.
- Autoría: Antón Chékhov
- Versión e dramaturxia: Machi Salgado e Carlos Álvarez-Ossorio
- Revisión Linguística: Fran Godón
- Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
- Axudante de dirección: Rubén Porto
- Interpretación: Machi Salgado
- Espazo sonoro e música en directo: Rubén Abad
- Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo
- Vídeo: Fon Cortizo
- Produción: Machi Salgado e Santiago Carrera