Skip to main content

O buscador de illas

Estrea absoluta
  • Domingo, 21 Xuño, 20:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Domingo, 28 Xuño, 20:00
    Aldán
  • Compañía

    Teatro de Ningures, coproduce MITCFC
  • Procedencia

    Galiza
  • Duración

    45'

Dende a súa fundación en 1986, Teatro de Ningures vive por e para o teatro, o teatro que quere facer, un teatro de actualidade, ambicioso, comprometido coa realidade e coa comunidade.
A compañía, implicada co seu territorio, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social do Morrazo, comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe.
Facemos teatro dende o próximo na procura do universal, así o demostran os máis de 30 espectáculos creados, producidos e distribuidos por toda Galiza e o resto do estado.

 


Un barco cun único tripulante navega na procura das illas que se están a asolagar polo aumento do nivel do mar, sen que ninguén semelle percatarse, sen que ninguén faga nada por evitalo, xa que non perxudica directamente os intereses dalgúns homes poderosos pero sí afecta ao conxunto dos habitantes do planeta, animais mariños, aves ou persoas.
O personaxe central, Xacio, anda na procura das illas, non se sabe moi ben para qué, seguramente procura xustiza. É unha viaxe post-iniciática, na madurez, alguén que deixa todo atrás para intentar unha nova misión, necesariamente utópica, seguramente condenada ao fracaso, pero coa vontade suficiente para non renderse pese ás adversidades da viaxe.
Dous seres máxicos o acompañan e adoptan diferentes roles durante o percorrido, poden ser calquera de nós (público) e actúan favorecendo ou perxudicando a misión de Xacio, mesmo provocando que siga adiante nos momentos de desesperación ou acompañándoo nos estados de ánimo, potenciádoos.

  • Creación colectiva a partir dunha idea de Lois Soaxe
  • Elenco: Lois Soaxe, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
  • Deseño de escenografía: Pablo Giráldez "Pastor"
  • Deseño de vestiario e imaxe: Diego Seixo
  • Espazo sonoro: Héctor Pazos
  • Dirección: Salvador del Río
  • Contratación: Lilian Portela (Amarelo Distribución)

FaLang translation system by Faboba