O arcón de Noa
-
Mércores, 24 Xuño, 19:30Sala Exposicións Auditorio Municipal
-
Compañía
Amarelo Cía -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Familiar -
Presentación
2025 -
Duración
40'
Amarelo nace en outubro de 2022 como distribuidora de espectáculos de danza e teatro. A partir de finais do 2023, na súa liña de apoio a artistas emerxentes, inicia o camiño da produción de espectáculos de danza para espazos non convencionais e público familiar. Co foco na danza e as novas linguaxes, en Amarelo traballamos para facer chegar ao público espectáculos frescos, atractivos e de calidade.
Noa é unha nena que vive coa súa nai nunha casa apartada, e non ten con quen xogar. No seu arcón garda os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles. A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía.
- Idea orixinal: Lilian Portela
- Dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco
- Interpretación: Raquel Ferradás, Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco
- Dramaturxia e coreografía: Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco, Raquel Ferradás e Lilian Portela
- Asesoramento escénico: María Escobar
- Voz en off: Iria Álvarez Leirós
- Iluminación: Nacho Martín
- Música: Bruno Baw e Manuel Fonte
- Espazo escénico: Eva Antelo
- Vestiario: Noelia Picadizo
- Confección de atrezzo: EVD Galicia
- Colaboran: Media Punta, Concello de Vigo, Concello de Mos
- Cartel: Lúa Gándara
- Foto e vídeo: Diego Seixo

