Skip to main content

Lola, Lolita, Lolaza

Cine fórum, proxección e encontro coa directora
  • Martes, 28 Outubro, 20:00
    Auditorio Municipal
  • Con

    Mabel Lozano
  • Procedencia

    Toledo

Mulleres en Acción quere incentivar a colaboración coa Asociación de Mulleres Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM), no Mes Internacional do Cancro de Mama, o chamado Outubro Rosa, cunha acción extra. Un cinefórum, coa exhibición da curta de animación LOLA, LOLITA, LOLAZA, realizado pola cineasta e documentalista, Mabel Lozano, quen manterá un posterior e enriquecedor encontro entre coas mulleres de ADICAM.

Mabel Lozano (Toledo, España, 28/12/1967). Dedicada ao mundo do audiovisual desde 2006, funda a produtora para levar a cabo os seus proxectos comprometidos cos Dereitos Humanos e a muller. Entre outros moitos traballos, coproduce con New Atlantis a longametraxe documental «Voces contra la trata» (2007), «Las sabias de la tribu» con TVE (2010) ou «Chicas Nuevas 24 Horas», nomeado ao Goya 2016 como mellor documental e aos Premios Platino como mellor longa iberoamericana. En 2017 publica o seu primeiro libro, «El proxeneta», sobre os amos da prostitución en España, que se convirte nun documental co mesmo título en 2018 («El proxeneta. Paso corto, mala leche»). A súa seguinte curta, «Biografía del cadáver de una mujer» (2020) é un paso máis na denuncia da prostitución e a desprotección á que se ven sometidas as mulleres que sobreviven, e gañou o Premio Goya á Mellor Curtametraxe Documental 2021. «Ava» que tamén recibiu Premio Goya á Mellor Curtametraxe Documental 2024 e «Lola, Lolita, Lolaza» son as súas últimas curtas.


FaLang translation system by Faboba