Skip to main content

Henrique Harguindey Banet: tecelán da ética e a estética

Homenaxe
  • Domingo, 06 Xullo, 21:00
    AUDITORIO MUNICIPAL
  • Con

    Breixo Harguindey Barrio, Casilda Alfaro e Salvador del Río
  • Procedencia

    Galicia

Este ano perdemos a Henrique Harguindey Banet, o compañeiro, o amigo, o activista e defensor da lingua e a cultura, a persoa xenerosa, sempre pronta a esclarecer dúbidas lingüísticas ou aportar datos inéditos, a traducir complexos textos dramáticos para o teatro profesional e amador, o ser de luz que namorou de Cangas a onde chegou cunha importante bagaxe política e cultural desenvolvida nos estertores da ditadura. 

Henrique Harguindey Banet deulle moito a Galicia, ao Morrazo e a esta vila. Foi unha das persoas impulsoras da Asociación Cultural Xiria e desta Mostra de Teatro, onde traballou arreo e con xiria, xunto ao amor da súa vida, Maruxa Barrio, a súa Muxica Leda, a nosa particular Simone Signoret. 

Nesta 42 MITCFC, queremos lembrar o legado deste tradutor exquisito, premiado pero discreto e humilde até o patolóxico, un excepcional legado cultural, social, lingüístico, intelectual e teatral radicalmente ético, todo un patrimonio a conservar e difundir. E farémolo cun acto que recolla as súas últimas palabras e coa representación teatral do seu derradeiro texto dramático traducido do francés ao galego, AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN. 

Participan: Breixo Harguindey Barrio, Casilda Alfaro e Salvador del Río


FaLang translation system by Faboba