A Escola de Teatro de Cangas nace en 2008 co obxectivo de facilitar o coñecemento da práctica teatral e mostrarlle ao público o resultado dese traballo coa posta en escena de obras de teatro interpretadas polo seu alumnado, da man do equipo profesional de Teatro de Ningures e de destacados profesionais da escena galega.
19:30 · Alameda Vella
A MOSTRA AXUDA: Ruada. Alumnado Obradoiro Teatro de Rúa da ETC.
Cremos que o teatro de rúa se complementa co público, por iso imos invitar á veciñanza a formar parte deste pasarrúas e que sexa ela mesma quen decida se acepta ou non o xogo proposto.
21:00H · Sala Exposicións Auditorio
RECICLAR PENSAMENTOS: Acción. Alumnado Obradoiro Corpo Creativo da ETC.
Investigación sobre como baleirar as mentes saturadas de ruído. Non podemos deixar o noso lixo mental en calquera parte.
22:00 · Auditorio Municipal Cangas
3x4 MASILUNA: Espectáculo. Alumnado Obradoiro Posta en Escena da ETC.
Tres actrices e un actor levan a escena tres pezas curtas para xogar ao xogo do teatro e converterse en personaxes...
Mulleres implicadas en dar "caza" a un principe azul que colme a idea de felicidade dunha delas.
Nai e filla adolescente vivirán truculentas situacións nunhas circunstancias sociais determinadas.
Dúas mulleres e un xuíz para xulgar a Medea.
Ficción dentro da ficción...