Ensaio técnico
-
Xoves, 25 Xuño, 22:00Auditorio Municipal
-
Compañía
Colectivo 84. Coproduce CDG -
Procedencia
Portugal -
Público
Público Adulto -
Presentación
2026 -
Duración
80'
Fundado en 2009 por John Romão e Mickaël de Oliveira, o Colectivo 84 é unha estrutura de creación e programación en artes performativas, apoiada pola Direção-Geral das Artes desde 2010. Con sede en Aveiro, desenvolve actividade en todo o territorio nacional, con especial incidencia na Rexión Centro, promovendo a articulación entre distritos e a democratización do acceso ás prácticas teatrais contemporáneas. A identidade artística da compañía afírmase na creación de textos orixinais para teatro e na experimentación dramatúrxica e visual, a través dunha linguaxe transdisciplinar e intermedial. Para alén da creación, o Colectivo 84 desenvolve unha programación regular que inclúe o Festival END – Encontros de Novas Dramaturxias, dedicado á escrita teatral contemporánea, e proxectos de formación e mediación.
Ensaio Técnico é unha creación de Mickaël de Oliveira e do Colectivo 84 afirmándose como unha reflexión crítica sobre o traballo artístico, os seus límites éticos e a relación complexa entre ficción e documental. A peza nace da observación dun grupo de mozos actores que, tras unha experiencia que os marca nun curso internacional de performance, decide fundar unha estrutura independente dedicada ao concepto de “performance continua e aberta”. Ese xesto, simultaneamente artístico e vital, conduce o grupo a tres anos de recollida, pescuda e ritualización do traballo creativo. No regreso ao espazo público, presentan a súa versión — sempre parcial e subxectiva — do que viviron. A creación orixinal, desenvolvida co Teatro Taller, articula vídeo, performance, testemuña e ficción, propondo un ollar crítico sobre a precariedade no sector cultural, a romantización da dedicación artística e as tensións entre ética, estética e comunidade. Esta dimensión híbrida, que cruza linguaxes do teatro e do cinema, constitúe un dos eixes centrais do proxecto. En 2026, Ensaio Técnico entra nunha nova fase internacional, en coprodución co Centro Dramático Galego e en colaboración coa ESAD de Galicia, envolvendo estudantes nun proceso profesional de creación.
- Texto, posta en escena e realización: Mickaël de Oliveira
- Interpretación: Gael Genarelo, Alba Silva, Alba María Lopez e Patrícia Merino
- Asistencia de posta en escena: Beatriz Wellenkamp Carretas e Noa López
- Tradución e adaptación: Alzan Miranda Magallanes
- Deseño, operación de vídeo e realización: Fábio Coello
- Dirección Técnica e operación: João Monteiro
- Dirección de produción: Héloïse Rego
- Mediación e comunicación: Maria João de Vasconcelos
- Espazo Escénico e caracterización: ESAD
- Produción orixinal: Teatro Taller e Colectivo 84
- Xestión financeira e de proxecto: Emília Moreira
- Coprodución: Centro Dramático Galego
- Agradecimentos: Mariana Carballal, Dani Salgado, Melania Cruz
- Colaboracións: Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD), Amazing Rabbit
- Apoio: República Portuguesa – Cultura, Juventude e Desporto / Direção-Geral das Artes

