Skip to main content

Enredos

1 Xul 2025, 20:00
  • Compañía

    A VELA CIRCO
  • Procedencia

    CANGAS DO MORRAZO
  • Autoría

    A Vela Circo
  • Público

    Familiar
  • Duración

    45'

Unha nova compañía de circo con identidade, ás veces poética como unha posta de sol na inmensidade do mar e outras veces moi absurda case para poder viaxar desde o humor á nosa realidade. Sen importar as consecuencias, flotando no caos e sobrevivindo grazas á tolemia dos nosos tempos. Ana, procedente de terras bonaerenses e Santiago oriúndo da cidade olívica, son A #VER CIRCO, pallasos por natureza, valentes circenses e equilibristas da vida.


"Enredos " é un espectáculo circense inspirado na estética do cinema mudo e ambientado en plena Revolución Industrial. A través de técnicas como o slapstick, malabares e equilibrios en arame, nárrase a historia dun obreiro que busca desafiar a monotonía da fábrica con enxeño e destreza. Nun mundo dominado por máquinas e engrenaxes, a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.

  • Elenco: Santiago Montero
  • Técnico de son: Ana Cuervas
  • Dirección: Walter Velázquez

FaLang translation system by Faboba