A compañía SÖA é un proxecto de música, danza e teatro onde buscamos a fusión das disciplinas. Foi creada por tres intérpretes: Martín Blanco, Marta Velázquez e Carlota Rosón Rojo. Desde a súa recente creación, a súa peza Fogar xa forma parte do Catálogo da Plataforma Iberoamericana de Danza. Coa súa segunda peza estiveron de intercambio en Lisboa no teatromosca (Auditorio municipal António Silva) coa residencia Atopémonos bailando. E máis tarde nas Residencias LAC en Madrid en colaboración co CDN. Esta peza foi seleccionada no programa Da Man de Amarelo e Manu Lago.
O tempo que se escapa e a infancia que deixamos atrás. Qué sucede cando o noso neno interior permanece con nós e en qué medida o manexamos. Podemos ser nenos para sempre? Cando deixamos de selo? Unha obra sobre o xogo no seu estado de máxima pureza e sobre o adulto que esqueceuse de que algunha vez atrás tamén xogou.