Skip to main content

Charlatán Rodríguez

26 Xun 2025, 0:00
  • Compañía

    Rendos Pequeno
  • Procedencia

    Galiza
  • Dirección

    Fran Rei
  • Autoría

    Felix Rodríguez e Fran Rei
  • Público

    Familiar
  • Presentación

    2025
  • Duración

    50'

Rendos Pequeno é o novo proxecto teatral do cómico e músico Félix Rodríguez. Formado nos conservatorios de Lalín e Vigo e con diversos obradoiros de teatro cómico e de rúa no seu currículo, desenvolve a súa carreira profesional desde o ano 2007 en compañías como Odaiko, Trío Detrés, Píscore e Culturactiva Producións. Mesturar música e humor é o sinal de identidade das creacións deste artista multidisciplinar e cos seus espectáculos, como Molto Barroco, Saaabor! ou Desconcerto, xirou polos teatros e prazas de todo o país contando sempre co favor do público. Agora, tras máis de quince anos de traxectoria, embárcase neste proxecto unipersoal para seguir dando a nota.


Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males. Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar. Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos. Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.

  • Elenco: Félix Rodríguez
  • Dirección: Fran Rei
  • Creación: Félix Rodríguez e Fran Rei
  • Escenografía, vestiario e atrezzo: Rendos Pequeno
  • Produción: Rendos Pequeno e Culturactiva S. Coop. Galega

FaLang translation system by Faboba