Skip to main content

As gardiás ou o nó do tecelán

6 Xul 2025, 21:00
Auditorio Municipal
  • Compañía

    Teatro de Ningures
  • Procedencia

    Galicia
  • Dirección

    Cristina Domínguez
  • Autoría

    Nasser Djemaï
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2024
  • Duración

    90'

Dende 1.986, en Teatro de Ningures contamos con máis de trinta espectáculos producidos e distribuídos, tanto de autores clásicos como contemporáneos, sempre cun fondo compromiso social e tratando temas de actualidade.

Tamén impulsamos a creación e formamos parte da organización de eventos como a Mostra de Teatro de Cangas ou a Mostra de Teatro Universitaria da UVigo, ademáis de ter unha intensa actividade pedagóxica tanto na Escola de Teatro de Cangas como na UVigo.


O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas.

Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a postura mellor.

A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas “gardiás” contra a  inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.

  •  Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero, Sonia Rúa
  • Tradución: Henrique Harguindey
  • Adaptación: Vanesa Sotelo
  • Deseño escenografía e vestiario: Carlos Alonso
  • Deseño gráfico, fotografía e vídeo: Diego Seixo
  • Espazo Sonoro: Héctor Pazos
  • Deseño Iluminación: Héctor Pazos, Salvador del Río
  • Dirección de produción: Salvador del Río
  • Contratación: Lilian Portela, AMARELO Distribución

FaLang translation system by Faboba