A única, Maria Casarés de Anne Plantagenet

Sábado, 29 Xuño 2024 12:30
Capela do Hospital
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Berta Ojea
  • Autoría: Anne Plantagenet
  • Tipo: Presentación libro
  • Duración: 60’

Anne Plantagenet (Joigny, Francia, 1972)

Escritora e tradutora. Doutora e Máster en Literatura Comparada pola Universidade da Sorbona de París.
Viviu en Londres e Sevilla. Traballou no Instituto de Estudos Políticos de París, cidade na que reside na actualidade.
É autora de varios libros -entre eles, a biografía de Marilyn Monroe ou “Tres días en Orán” Ed. Siruela-. Traducíu ao francés a autores como, Irene Vallejo, Dolores Redondo, David Trueba, Almudena Grandes ou Juan Tallón.

En 2021 publicou en Francia a biografía “L'Unique , Maria Casarés”, e en España, “ La única, María Casares” Ed. Alba. En novembro de 2022, con motivo do Centenario do nacemento da actriz, publícase en galego, “A única, Maria Casarés”.

A biografía foi publicada, recentemente, en Grecia.

Berta Ojea conta cunha longa carreira en cinema, series e teatro. Traballou en producións nacionais e internacionais con directores como Enrique Otero, Guillermo del Toro, Jorge Coira, Javier Fesser, Philippe Lle Guay, Benito Zambrano, Alex de la Iglesia, Miguel Bardem, Carlos Alberti Riccelli... En series: Rapa, A Raíña do Sur, A Verdade, A Señora, A que se aveciña... Teatro: Amor de Don Perlimplin con Belisa no seu xardín, Antígona, Un Espírito Burlón, As Mozas do Calendario, Fuxidas, O manual da boa esposa, A discreta Namorada, Hipólito...

A súa formación máis relevante foi con John Strasberg, Juan Carlos Corazza e Peter Brook. Entre outros premios, destaca o máis recente, o que Premio Mestre Mateo 2023 á Mellor Actriz de Reparto por Rapa.

"Un dos maiores praceres da miña vida foi ver a María Casares sobre un escenario, e ter o privilexio de compartir con ela unha amizade chea de longas conversas, éncheme de felicidade. María, ademáis de ser unha extraordinaria conversadora, era unha intelectual, profundamente culta, sempre en conexión co presente, divertida, cun gran sentido do humor e coa retranca galega que nunca abandonou. Lin varías biografías sobre María, moi ben feitas, pero sempre coa distancia que dan os datos. Por iso, cando lin a biografía de Anne Plantagenet, descubrín algo que non atopara, o tempo e o ritmo co que respiraba e vivía María.

Anne Plantagenet arrinca cunha cita de Albert Camus sobre a Casares ‘Os vulgares falan’, a única permanece", aí comezo a lectura dun libro que me devolvía á muller que coñecín, a súa respiración. Non interrompín a lectura ata o final como nunca interrompemos, María e eu, a nosa conversa. Conseguir coeditala xunto á editorial Kalandraka, en galego, tiña para min un gran simbolismo porque significa devolver á Casares á súa lingua, o regreso de María Casares a Galicia, a onde nunca volveu".

Berta Ojea

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.