Presentación La Fosa Abierta
-
Viernes, 03 Julio, 19:30O Adro Taberna Cultural
-
Con
Brigitte Vasallo -
Procedencia
Barcelona -
Público
Todos -
Duración
30'
Brigitte Vasallo é filla da diáspora galega. Orixinaria de Chandrexa de Queixa e nacida en Barcelona. Escritora, investigadora e docente, traballa sobre a construcción de alteridade e sobre os procesos de destrucción da vida labrega coa implantación da modernidade industrial na Europa do sur no seculo XX. Reivindica a súa identidade txarnega, publicou os textos en galego Tornarse existencia exuberante (publicado en Brasil, en Chao da feira), Ler a Butler dende Chandrexa de Queixa (na edición colectiva O cento voando) e Galicia é un lugar extraordinario (no colectivo Galiza e o decolonialismo). Como dramaturga presentou Drama en tres lamentos e un par de actos, parte da Triloxia de Naxos, dirixida por Gena Baamonde e Un cos (possible) i lesbià, coa codirección da artista visual Alba Corral. Dirixiu o I Festival de Cultura Txarnega de Barcelona e o seu último libro, sobre a diáspora labrera, titúlase La Fosa Abierta (Anagrama, 2026).
Brigitte Vasallo impugna neste libro dous silencios: o da historia familiar, imposto pola violencia de xénero, e o da historia política, imposto pola ditadura e a Transición. Unha memoria sen monumento que arrinca no lugar de orixe da súa familia, a serra de Chandrexa de Queixa, e expándese cara ás marxes da historia oficial. O seu eixo é o desmantelamento do campo precapitalista no sur de Europa coa chegada dos chamados milagres económicos dos anos cincuenta, e a identidade das mutantes descendentes daquela diáspora, orfas de sentido. A autora busca unha linguaxe que axunte dous mundos: o da tradición oral e o da literatura escrita, o da memoria individual e o da posibilidade do relato colectivo. A identidade txarnega, queer en si mesma e reapropiada, é o prisma desde o que se estrutura a análise que acaba por crear un espazo de enunciación propio. Desde esta posición de subalternidad, Vasallo constrúe un artefacto literario que non só recupera unha historia silenciada, senón que nomea o que foi sepultado para confrontar as narrativas hexemónicas sobre o progreso, o xénero e a historia.
