Skip to main content

Fondo Teatral María Casares

  • Biblioteca Pública Central de Cangas
  • Con

    Fondo Teatral María Casares
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Todos

O Fondo Teatral María Casares (FTMC), integrado na Biblioteca Pública Central de Cangas do Morrazo, é o resultado dun Convenio asinado en 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas - editora da Erregueté- Revista galega de Teatro e a Compañía Teatro de Ningures. O FTMC conta actualmente con arredor dun millar de volumes e revistas que son unha base moi útil para todas as persoas interesadas polo feito teatral. Ven sendo un depósito especializado en teatro único en Galicia integrado nunha Biblioteca Pública Municipal. O nome quere ser unha homenaxe á actriz María Casares (A Coruña 1922- Paris 1996) quen aos 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ao golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.


FaLang translation system by Faboba