Teatro de Ningures organiza coa Universidade de Vigo a Mostra Internacional de Teatro Universitario nos campus de Vigo e Pontevedra: formación a través de obradoiros de teatro (canteira actores e actrices) e promoción a través das representacións que ano tras ano nos permiten gozar e aprender cos traballos das aulas teatrais das universidades de todo o mundo.
Divinas palabras (traxicomedia de aldea): drama protagonizado por seres marxinais. A avaricia e a luxuria desencadean a trama. Un mostro, anano hidrocéfalo, exposto en feiras e romarías para conseguir diñeiro é agora disputado por Marica del Reino, irmá da nai defunta, e por Mari Gaila, muller de Pedro Gailo, o sancristán, irmán da nada. Mari Gaila inicia un romance con Sétimo Miau, un faranduleiro transhumante. Finalmente, e despois da ira, o seu marido, Pedro Gailo, grazas ao resoar das «divinas palabras» en latín, volve á rutina cotiá coa súa muller.