Con motivo da próxima estrea da MONTAXE-HOMENAXE de A velada de Londres, de Manuel Lourenzo, por parte da compañía ButacaZero, esta organizará diversas xornadas de pensamento, nas que compartir reflexións a partir do seu legado, tanto no campo da literatura dramática -sendo o primeiro Premio Nacional da nosaterra- como no da práctica, docencia e teoría teatral. E non só, pois, como é ben sabido, é un dos mellores e máis respectados actores do noso audiovisual.
A primeiradestasxornadasterá lugar no marco incomparable da MITCFC, e nela pretendemos provocar pensamento, apuntar lembranzas sobre a súa figura, recordar a súahumanidade, práctica e técnica a partir de profesionais da zona que traballaron con el.
Interveñen:
- MARIÁN BAÑOBRE: Actriz e Directora. Foi alumna de Manolo Lourenzo no Estudio Casahamlet e debutou con él no ano 1999 como actriz profesional.
- MÓNICA CAMAÑO: Actriz. Foi alumna de Manolo Lourenzo e traballou como actriz en varias montaxes dirixidas por el.
- ANTÓN LAMAPEREIRA: Profesor. Director de Teatro Amador. Cofundador con Manolo Lourenzo da Escola Dramática Galega.
- XABIER CASTIÑEIRAS: Director e Profesor na ESAD de Galicia.
- Modera CRISTINA DOMINGUEZ: Directora e Profesora na ESAD de Galicia. Foi axudante de dirección de Manolo Lourenzo en varias montaxes.